O Centro de Innovación e Empresas do Concello, o CEI Nodus, foi elixido este ano polo IES Nosa Señora dos Ollos Grandes como merecedor do seu premio Institución Amiga pola disposición a organizar visitas do alumnado do centro ás instalacións de Garabolos co fin de coñecer o traballo que alí se desenvolve e pola boa atención prestada polo persoal durante as mesmas.
A Alcaldesa de Lugo xunto á Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Sostible e o persoal do CEI, recibiu o recoñecemento de mans do director do Nosa Señora dos Ollos Grandes, Ramiro Gayoso, nun sentido acto, no que o alumnado presentou tamén a revista escolar Tempus Galegos.
A rexedora puxo en valor a iniciativa, en tanto que reforza os lazos de colaboración entre o centro e a sociedade, así como o propio labor do instituto, polo seu dinamismo, que se traduce, entre outros proxectos, na organización de intercambios estudiantís.