O Concello do Incio reforza a prestación de servizos municipais aos veciños do municipio, coa contratación de 5 novos traballadores a través do DepuEmprego, o programa que o Goberno da Deputación dotou de 3,5 millóns de euros para financiar custos laborais de novos empregados nos municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes. O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro García, mantiveron un encontro con estes profesionais para coñece in situ cal é o seu traballo e saber, e o seu grado de satisfacción.
Santos Ramos explicou que “dende o Goberno da Deputación decidimos pór en marcha esta programación pois somos conscientes das limitacións que teñen os municipios para contratar a máis persoas co que mellorar a prestación de servizos, debido á taxa de reposición”. Neste senso, o Deputado lembrou que no 2007 a taxa de reposición era do 100% mentres que nos últimos anos, salgo excepcións de grupos especiais, a reposición foi o 0%. “É dicir, por cada 10 traballadores públicos que se marcharon, só entrou 1 a traballar na administración, ocasionando unha merma na calidade dos servizos que se ofrece aos veciños”, apuntou.