O Incio executará obras de mellora do camiño municipal dende a LU-642 a Bardaos

O Concello do Incio vén de adxudicar a execución da obra de mellora do camiño municipal dende a LU-642 a Bardaos. Os traballos, incluídos no Plan de Mellora de Camiños Municipais de Agader, serán executados pola empresa Ovisa Pavimentos y Obras e contarán cun orzamento de 60.248 euros, dos cales o Concello asumirá o IVE. O prazo de execución das obras será dun mes.

As obras de acondicionamento e mellora da vía municipal atópanse no Concello do Incio, na parte norte, e esténdense desde o enlace coa estrada autonómica LU-642 ata as inmediacións de Bardaos. O vial conta cunha lonxitude de 1.600 metros e unha anchura media de 4,30 metros de traza, máis o espazo dedicado a cunetas laterais.

Esta vía municipal conecta o lugar de Bardaos, Santalla, coa estrada autonómica LU-642 e esta coa capital municipal e co Concello veciño de Sarria. Trátase dunha vía que absorbe un importante tráfico de maquinaria agroforestal e que presenta necesidades de mellora da capa de rodadura.

As obras consistirán nun reforzo do firme existente coa incorporación dunha nova capa de firme a base de aglomerado en quente tipo D-12 de 6 CM de espesor, máis axeitada ás características do tráfico rodado que soporta. Proxectase que a vía teña una ancho medio pavimentado de 4,30 metros, adaptándose á traza existente, e xerando a menor alteración posible da paisaxe para minimizar os impactos. A obra estrutúrase nas fases de limpeza e preparación da pista e pavimentado con aglomerado en quente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com