O Instituto Galego da Vivenda e Solo, que depende da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, fixo hoxe entrega de cinco vivendas de promoción pública situadas en Viveiro, Muras e Vilalba.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu aos actos de entrega de chaves aos adxudicatarios e lembrou que están en tramitación novas adxudicacións. Igualmente, o vindeiro xoves está previsto celebrar o sorteo para adxudicar catro vivendas en Monforte de Lemos e dúas en Sarria. Logo destes sorteos cada adxudicatario coñece a vivenda que lle corresponde e debe comunicar por escrito a súa conformidade.
As persoas interesadas en acceder a unha vivenda de promoción pública poden inscribirse en calquera momento no rexistro de demandantes de vivendas de Galicia.