O IX Campamento Lumieira Cup estará cheo de deporte, solidariedade e inclusión social

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e o presidente da Asociación Lumieira, Óscar Lorenzo (Choury), presentaron este martes, na Sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a novena edición do Campamento Lumieira, que terá lugar en distintas instalacións do Concello entre o 3 e o 31 de xullo.

Na presentación, Miguel Fernández amosouse orgulloso de colaborar neste tipo de actividades lúdico-deportivas, recalcando, que este tipo de eventos vai na liña da filosofía do Concello de apostar polo deporte de base e de estar preto da mocidade,  posto que “o deporte é saúde, é calidade de vida e convivencia en harmonía, que transite valores positivos”.

Ana González Abelleira fixo fincapé no compoñente solidario deste campamento, posto que o 0,7% da recadación destinarase á ONG AXUNICA (Axuda a Nicaragua), para proxectos de desenvolvemento e educación. Aproveitou tamén, para aludir ás becas que estarán a disposición daquelas persoas participantes que teñan alcanzadas as mellores notas académicas.

Por último, Óscar, expuxo as actividades que van ter lugar durante todo o mes de xullo, con horario de 09:30 a 19:30, e invitou a participar a todos aqueles que desexen pasar un mes de xullo deportivo, lúdico e de confraternidade, misturado con grandes doses de solidariedade e inclusión.

Para inscribirse ou obter máis información, pode consultarse a páxina web http://lumieiralugo.blogspot.com.es/

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com