O padexeiro lucense Cristian Toro gañou xunto co deportista Saúl Craviotto a medalla de ouro na proba de K-2 200 metros nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro. Toro, nacido en Venezuela pero con familia en Viveiro, está federado no Club Fluvial de Lugo, onde adestra a diario dende fai anos.
A parella conseguiu a medalla olímpica logo de asinar un tempo de 32, 075 segundos; case 0,3 décimas por enriba da parella británica que foi medalla de prata.
O metal obtido por Toro e Craviotto supón a terceira medalla para os padexeiros españois en Río de Janeira e a primeira para un deportista galego no que vai de xogos olímpicos.