O Lugo alegra a tarde aos afeccionados e gaña 2-0 ao Osasuna

Tarde fría e chuviosa a de hoxe no Anxo Carro onde o Lugo buscaba a vitoria logo das últimas derrotas. José Durán afrontaba o encontro ante o Osasuna coa plena confianza no seu equipo e coas baixas por lesión de David Coz e por sanción de Pau Cendrós. Os de Durán saltaron ao terreo de xogo ilusionados e dominando o partido, cunha primeira oportunidade para Caballero no minuto 22. Co marcador con empate a cero chegouse ao descanso.

A segunda parte,  moi similar a primeira, aínda que co Osasuna exercendo máis presión, e tras un gol anulado a Caballero por fóra de xogo, foi Dealbert tras un centro de Pita o que poñía o 1-0 no marcador. Minutos máis tarde era Caballero quen sentenciaba o encontro e daba a vitoria ao Lugo, a primeira para José Durán como entrenador.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com