O Lugo suma unha nova vitoria fóra da casa

O Lugo viaxaba ata o estadio Juegos del Mediterráneo para enfrontarse ao UD Almería coa misión clara de manter as súas vitorias lonxe da casa e o Almería necesitaba sumar puntos para saír dos postos de perigo. Os locais asumían dende o principio o seu papel paciente á espera dun erro do Lugo que buscaba o dominio do partido.

Durante a primeira parte os locais achegáronse nun par de ocasións á portería de José Juan, pero sen acerto no disparo; en canto aos de Milla xogaban con balóns longos, debido á presión en defensa que exercía o Almería.

A segunda parte comezaba co ansiado gol para o Lugo, nun balón filtrado á velocidade de Iriome, que este define á perfección fronte ao gardameta local. A partires de aquí os de Milla fixéronse co partido que sentenciaron xa no tramo final, cun gol de Pablo Caballero, aproveitando un rechace de Casto, que poñia o definitivo 0-2 no marcador e que lles dá aos de Milla tres puntos de ouro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com