O Lugo empata no seu primeiro partido de liga

O CD Lugo viaxaba a Tarragona para enfrontarse ao seu primeiro partido da liga ante o Nástic Tarragona.

Durante a primeira parte, un brillante Lugo poñíase por diante no marcador por 0-2 con goles de Pedraza e Joselu, este último de penalti; pero na segunda parte os locais comezaron a presionar dende arriba e un derribo a Alex López na área facía que Uche recortara distancias no marcador. Xa no último minuto do encontro, era Alex López quen marcaba o segundo para o Nástic e igualaba o partido.

Co resultado de 2-2 no marcador, o Lugo suma un punto nesta primeira xornada de liga e comeza a prepararse para o seguinte encontró, que será a semana que ven, no Anxo Carro, e que enfrontará aos de Luís César ante o Zaragoza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com