O CD Lugo e o Lugo Sala veñen de asinar un convenio de filialidade no que a entidade presidida por Tino Saqués dará apoio e soporte ao primeiro equipo do conxunto veciño que competirá a vindeira tempada na Preferente de Galicia, Grupo Norte.
Como no convenio asinado co Friol CD Lugo, o equipo conveniado pasará a locir as cores do club en todos os pavillóns nos que defenda o nome da cidade. Este acordo, ademáis, ratifica a aposta do CD Lugo por apoiar as entidades deportivas do seu entorno, así como a súa aposta polo deporte feminino e de base.
O apoio a todos os axentes que conforman a sociedade de Lugo, ao deporte formativo e ao deporte feminino, representa unha das pedras angulares sobre as que se fundamenta o proxecto actual e futuro dos albivermellos.