O Club Deportivo Lugo conseguiu esta tarde no Anxo Carro unha nova vitoria ante o Albacete. Durante a primeira parte do encontro, o Lugo dominou con claridade adiantándose no marcador cun gol de Pereira no minuto once. O Albacete, ao que lle costaba atoparse no campo lucense, dispoñía dunha oportunidade clara cun disparo de Portu ao primeiro pau.
Xa na segunda metade, o Albacete ía gañando terreo no campo e conseguindo máis posesión do balón, sin embargo eran os de José Durán, cun disparo de Caballero que facía o segundo para o Lugo, o que lles daba unha clara vantaxe. Logo dunha lesión de Pita e aos castellano -manchegos cada vez máis metido no xogo, Portu facía o primeiro para os visitantes no minuto 73, que non era suficiente, aínda que fixo sufrir ao Lugo nos minutos finais do partido.
O resultado final de 2-1 dálle ao Lugo unha nova vitoria e tres novos e importantes puntos.