O Club Deportivo Lugo enfróntase mañá sábado ao RCD Mallorca, nun encontro fóra de casa pero no que para o seu técnico Luís Milla, o equipo está a progresar no xogo e nos resultados lonxe do Anxo Carro. Milla espera unha continuidade na imaxe ofrecida nos últimos partidos disputados, aínda que o RCD Mallorca “é un equipo que vai de menos a máis, combínanse ben e é dificil encaixarlles un gol”, sinalou Milla.
O técnico lucense declarou que “estamos a traballar na mellora constante, fóra de casa xa nos quitamos o estigma de non gañar, e a nosa idea é a de manter o nivel e a capacidade de competir. Agora toca ser competitivos e con posesión”.