O LUGOWORK vota a andar mañá na Deputación

A Deputación de Lugo convida a mozos, centros educativos, USC e tecido empresarial á 1º xornada de traballo do LUGOWORK, que terá lugar mañá, mércores 19 de marzo, ás 19:00 horas, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.

É a primeira reunión con representantes dos colectivos que integran ao tecido empresarial lugués; das empresas tractoras e gacela da provincia; así como da Universidade e dos Centros de Formación Profesional lucenses, ao abeiro do 1º plan de emprego xuvenil participativa da provincia. Tras esta primeira toma de contacto, haberá novos encontros e mesas sectoriais por todas as comarcas da provincia.

LUGOWORK está dirixido a rapaces lucenses de entre 18 a 30 anos que se atopen no paro e conta con de 2 millóns de euros, que o organismo provincial foi capaz de captar da Unión Europea, concretamente do Fondo Social Europeo. A acción pretende á inserción laboral dun mínimo de 300 mozos lucenses desempregados.

Ofrecerá formación gratuíta sobre os nichos no mercado (os que se definirán nos encontros que arrancan mañá) para a súa inserción laboral por conta allea, é dicir, en empresas da provincia, que recibirán axudas de ata 4.200 euros para os custes salariais e de seguridade social dos novos traballadores durante 6 meses; ou a través do autoemprego, fomentando o emprendemento; opción na que os mozos recibirán directamente ata 3.000 euros para poñer en marcha os seus propios negocios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com