O luns 4 de maio abre o prazo para inscribirse no Concurso de Escaparates do Arde Lucus

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, informou que o luns 4 de maio abre o prazo para participar no I Concurso de Escaparates Arde Lucus 2015. Neste concurso premiarase aos escaparates mellor decorados e integrados na festa e o prazo de inscrición será ata o 20 de maio na Concellería de Xuventude.

Os participantes recibirán un distintivo de “Escaparate de concurso” para identificar o seu establecemento ademais de incluirse na web do Arde Lucus e deberán exhibir os seus escaparates como mínimo entre o 8 e o 21 de xuño, coincidindo co Arde Lucus e día no que se fará a entrega dos premios.

Este I Concurso de Escaparates terá tres premios: un primeiro de 600 euros, promoción publicitaria e nomeamento como Civis Honoris do Arde Lvcvs 2015; un segundo de 300 euros e promoción publicitaria e un terceiro de 200 euros e promoción publicitaria.

Ademais organízanse cursos gratuítos para todos aqueles comerciantes ou hostaleiros, que poidan estar interesados en adquirir coñecementos sobre escaparatismo e elementos a usar nas decoracións de ambientación de época romana. Participar nos cursos non implica participar no concurso que se celebrará posteriormente, do 8 ao 21 de xuño.

Os cursos celebraranse no Salón de Actos do C.C. Uxío Novoneyra (Quiroga Ballesteros s/n.) os días 8 e 15 de maio de 20.30 a 22.30 dirixido a comercios e o 21 de maio de 11 a 13 dirixidos a establecementos de hostalaría.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com