O Máster Nacional de Futbolín reunirá a máis dun milleiro de persoas en Rábade

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde do Concello de Rábade, Francisco Xosé Fernández Montes, o Concelleiro de Deportes, Alejandro Martínez Campos, e o Presidente da Asociación de Futbolín Bola Meiga, José Manuel Candal Barreiro, presentaron o XX Máster Nacional de Futbolín de Rábade, que terá lugar este xoves, venres e sábado.

Rivera Capón subliñou que “nesta vixésima edición do campionato agárdase a participación de preto de 500 participantes chegados de diferentes puntos da xeografía galega e do resto do estado. Ademais, repartiranse máis de 8.000 euros en metálico, así como trofeos aos gañadores”

Este ano renderase homenaxe a David García, recentemente falecido e que foi campión do Máster, creando o trofeo ao mellor porteiro, que se une ao Trofeo Alejandro Finisterre, concedido ao xogador máis regular do Máster.

O XX Gran Máster Nacional de Futbolín, que contará con 5 modalidades e 3 niveis de xogo, desenvolverase en en catro sedes: IES Río Miño de Rábade, Brétema, Os Castro e Papyrus.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com