ETIQUETADA PARA REUTILIZACIÓN COMERCIAL

O máxico planeta dos instrumentos insólitos, o luns en Afundación

Afundación, a Obra Social de ABANCA, ofrecerá o vindeiro luns 3 de decembro, en dúas funcións ás 10.00 e ás 12.00 h, a representación da nova proposta teatral de Fetén Fetén, O máxico planeta dos instrumentos insólitos. O Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo contará coa asistencia de máis de 1100 escolares procedentes de centros escolares da cidade e arredores.

O obxectivo principal deste divertido concerto didáctico, da man de Diego Galaz e Jorge Arribas, nomeados músicos internacionais, é que nenas e nenos emprendan unha marabillosa viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música popular española. Transmitíndolles valores sobre a reutilización, a loita contra a pobreza, a imaxinación e a importancia de coñecer as nosas tradicións, usando algúns dos instrumentos máis incribles da historia da música como o violín trompeta, a serra musical, o á de voitre, o theremin ou a frauta cadeira de cámping.

Con esta nova proposta, Afundación desenvolve unha actividade na que o coñecemento das expresións culturais tradicionais e o valor da música como código de aprendizaxe danse a man nunha entretida obra de teatro. Foméntase, desta forma, a conxunción dunha proposta de carácter lúdico cun consistente fondo didáctico, en consonancia cos principios que marcan as actividades para escolares de Afundación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com