O Mercado Medieval de Mondoñedo, Festa de Interese Turístico Galego, congrega cada ano a milleiros de persoas no casco histórico da cidade. O concello convértese durante tres días na capital da Galicia medieval, con recreacións históricas, torneos, espectáculos musicais e degustacións gastronómicas.
Este ano, a tradición xuntouse coa modernidade e Mondoñedo foi protagonista en internet, onde decenas de usuarios compartiron os mellores momentos da feira a través da etiqueta #MondoñedoMedieval.
Con esta iniciativa, impulsada polo concello, visitantes e veciños colaboran para dar a coñecer a vila e a súa festa medieval nas principais plataformas como Instagram, Facebook ou Twitter.
Así, cabaleiros, damas e bufóns da corte tomaron as redes da celebración tradicional, que este ano celebra a súa vixésimo oitava edición. Mondoñedo é medieval, é agora tamén, dixital.