O mércores remata o prazo para solicitar prazas nas escolas infantís municipais

Este mércores pecha o prazo de presentación de solicitudes de praza de novo ingreso para o curso 2016/2017 nas catro escolas infantís que creou e mantén o Concello de Lugo –Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e María Wonenburguer- . Todos os interesados aínda poden presentar as solicitudes debidamente cumprimentadas no Rexistro Xeral do Concello, na Ronda da Muralla, de 09:00 a 14:00 horas.

En total, as 4 escolas municipais ofrecen 238 prazas para nenos de 0 a 3 anos, das que se reservarán 21 prazas en cada escola para nenos e nenas matriculadas no curso actual e 3 prazas de emerxencia social en cada unha delas. Deste xeito, o Concello ofertará 37 prazas de novo ingreso nas escolas Serra de Outes, Greogrio Sanz e Luis Soto Menor, 7 prazas de 3 meses a 1 ano, 4 de un a dous anos e 26 de 2 a 3 anos. Por outra banda, a escola María Wonenburguer ofertará 31 prazas de novo ingreso, 7 para cativos de 3 meses a 1 ano, 4 para nenos de 1 a 2 anos, e 20 de 2 a 3 anos.

As escolas infantís Serra de Outes, Gregorio Sanz e Luis Soto Menor contan cada unha delas con 61 prazas, distribuídas en catro aulas: unha de 0 a 1 anos, con 8 prazas, outra de 1 a 2 anos, con 13, e dúas para nenos de 2 a 3 anos, con 20 cada unha. No caso da escola María Wonenburger, dispón de 55 prazas, repartidas nunha aula de 0 a 1 anos con 8 prazas, outra de 1 a 2 anos, con 13, e dúas de 2 a 3 anos, con 17 prazas cada unha.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com