O Mesón Colón e o restaurante Paprica, gañadores do concurso de tapas

O Mesón de Colón coa tapa ‘A sopa e o mar’ resultou gañador da décimo segunda edición do Concurso de Tapas de Lugo, no que participaron un tal de 44 locais. Na categoría de mellor tapa ecolóxica, o gañador foi o restaurante Paprica, coa tapa AC453. O encargado de recoller o recoñecemento en nome do Mesón Colón foi o seu dono, Santi Almuíña, que explicou que a tapa gañadora era unha sopa de pescado.“Queríamos trasladar ao comensal ao mar un día de marea baixa”, engadiu.

Estas dúas tapas canda outras dez escollidas polo público poderán volver degustarse entre o 4 e o 6 de novembro. Un xurado técnico visitará os locais e logo outorgará o primeiro premio, que será o que representará a Lugo nos distintos eventos, o segundo e o terceiro premio, e os maridaxes con Estrella Galicia e viño con Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Os locais e as tapas finalistas, elixidas pola votación que realizaron os clientes foron, Arrocería Os Cachivaches, Restaurante Campos, Casa María, Casa Paco, Esencia, La Encina, Manuel Manuel, Mesón de Colón, Mesón de Alberto, O Mercado Street Food, Paprica e Xoldra.

O presidente da Asociación de Empresarios de hostalaría de Lugo, Cheché Real, agradeceu o patrocinio do Concello a este concurso de tapas “que gozou de moi boa acollida do 9 ao 25 de setembro, repartíndose 32.000 tapas, e xerando un volume de negocio de 176.000 euros, entre clientes da cidade, de localidades próximas, de Galicia e doutros lugares, como Barcelona, Vizcaia, Granada, Madrid, Tenerife, Zaragoza ou Burgos, e ata de Singapur”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com