O MIHL acolle unha exposición fotográfica da Asociación Somos Unidos por el Cáncer

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiron este sábado no MIHL á inauguración da exposición fotográfica da Asociación Somos Unidos por el Cáncer.

Esta mostra consta de dúas partes diferenciadas, a denominada O cancro márcanos de por vida, que foi cedida polo Grupo Español de Pacientes con Cancro, e a de Sentindo o cancro, que realizou Mirian Vázquez para a Asociación Somos Unidos por el Cáncer.

A exposición poderase visitar ata o 15 de outubro no MIHL, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com