Hamlet de Teatro Clásico de Sevilla Hamlet de Teatro Clásico de Sevilla

O MILH acolle este xoves a cata literaria do oncólogo José Ramón Germá Lluch e a representación teatral de Hamlet

A literatura será a protagonista na tarde de maña. A partir das 20:00 horas dará comezo a cata literataria do médico oncólogo José Ramón Germà Lluch, que terá lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e ás 20:30 horas arrincará a representación teatral de Hamlet, da man da compañía Teatro Clásico de Sevilla, enmarcada dentro da programación da XVI Mostra de Teatro Clásico, organizada polo Concello de Lugo.

As entradas para a cata literaria poden mercarse na páxina web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no propio MIHL e para a mostra de teatro, nesta plataforma electrónica así como no Centro de Interpretación da Muralla e no mesmo auditorio, unha hora antes do comezo do espectáculo.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, lembrou que “a cata literaria estará acompañada por gastronomía lucense, que neste caso correrá a cargo da Parrillada Restaurante Porta de Santiago“.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com