O Ministerio de Agricultura, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, finalizou as obras de substitución da ponte sobre o río Pequeno ao seu paso polo núcleo de Muimenta no concello de Cospeito, nas que o Ministerio investiu máis de 150.000 euros, financiados ao 50% entre ambas as dúas institucións.
O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e o presidente da Confederación, Francisco Marín, comprobaron in situ o resultado das actuacións, acompañados polo alcalde da localidade, Armando Castosa e o subdelegado do Goberno na provincia, Ramón Carballo, entre outras autoridades.
O obxectivo conseguido con estas actuacións é dar solución ao problema de escasa capacidade hidráulica da antiga ponte, mellorando, ademais, a seguridade estrutural deste nesta zona de alto valor agrogandeiro.
Os traballos consistiron basicamente na demolición da antiga ponte, para executar no seu lugar unha nova estrutura.