O Ministerio de Agricultura e Pesca investirá en novas actuacións de restauración e mellora de cauces da provincia

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, investirá máis de 1.206.000 € en actuacións de restauración hidorlóxico- forestal e de mellora da conectividade de cauces da conca Miño-Sil incluidos en zonas da Rede Natura 2000 na prinvincia de Lugo.

Así o anunciou esta mañá o Delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, durante o acto de presentación  en Lugo das actuacións a acometer no que estivo acompañado polo presidente da Conferedación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín e o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo.

O obxetivo deste proxecto, afirmou o Delegado “é mellorar o réxime fluvial natural e o entorno dos cauces ubicados en zonas sensibles situadas en Terra Chá, Vilalba, Monforte de Lemos e Lugo”. Segundo asegurou Villanueva, a Confederación Hidrográfica busca recuperar distintos tramos da Rede Natura e traballar no mantemento destes cauces para así prever aos habitantes desas zonas das posibles inundacións.

Pola súa parte, Francisco Marín, que acudíu ao acto cun técnico da Confederación Hidrográfica, explicou que as diferentes accións pasarán por retirar as árbores caídas, a maleza e os diferentes tapóns que se puideran crear nos cauces; asemade, Marín afirmou que as principais actuacións ubicaranse nas chairas onde se concentran a maior parte de tapóns de maleza.

“Aínda que estamos en alerta por sequía, con estas accións se intenta que cando volva chover os danos por inundacións sexan os menores, dado que traballaremos sobre áreas de risco potencial significativo de inundacións (ARPSIs)”, dixo o Presidente da Confederación Hidrográfica quen, ademáis, afirmou que vinte e cinco operarios traballarán durante un ano para mellorar as concas fluviais.

Os ríos sobre os que se traballará na provincia serán o Miño (en todo o seu recorrido por Lugo e Castro de Rei), o Madanela, o Ladra, o Támoga, o Narla, o Cabe, o Seco e o Regueiro de Arroxo, estes tres último, ao seu paso por Monforte de Lemos.

Esta brigada de conservación especializada nas ARPSIs suporá unha importante axuda á brigada que actúa todos os anos na limpeza fluvial e o fará con máis intensidade, “incidindo nos sitios máis complexos para que os habitantes diminúan o seu risco potencial ás inundacións”, recalcou Marín.

Noutro orden, o Delegado do Goberno en Galicia, explicou o traballo que hoxe mesmo comezan os corpos da Garda Civil e a Policía Autonómica nas provincias de Lugo e A Coruña, cos controis da praga da pataca, incidindo nos 31 concellos afectados e os 5 que fan fronteira entre afectados pola couza guatemalteca e os non. A Garda Civil controlará a partir de hoxe o transporte tanto de profesionais como de vehículos particulares que non circulen con patacas con polilla dende as zonas afectadas ao resto e controlarán que “non se recolla nin se sembre pataca nestas zonas”. Asemade asegurou que ” se se detecta algún vehículo con tubérculo infectado se requisará e queimará, ademáis de interpoñer unha sanción de entre 300 e 3000 euros”.

“Preténdese concienciar á xente, é unha acción polo ben de todos”, concluíu Villanueva.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com