O Ministerio de Turismo apoia a candidatura do Casco Histórico como Patrimonio da Humanidade

A Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, amosou na noitiña de onte, na súa visita á cidade, o apoio do Ministerio a Lugo no camiño para lograr a declaración do casco histórico como Patrimonio da Humanidade, o cuarto ben mundial ao que aspira a cidade.

Para conseguilo, ademáis, o Goberno de Lara Méndez firmará un convenio co Centro de Estudos da Cidade da Universidade de Santiago de Compostela para preparar a candidatura. Este acordo coa USC incluirá tamén a elaboración do expediente para o recoñecemento de Lugo como Cidade Gastronómica, así como a localización do Centro de Estudos da Cidade no Vello Cárcere.

A Ministra felicitou á rexedora lucense por estes proxectos, encamiñados a “crear valor e riqueza co patrimonio histórico, coa entidade de Lugo”, e que sitúan á cidade “como referente turístico”, un sector que “ten que ser unha panca para os territorios”.

A Alcaldesa puxo en valor a boa acollida da Ministra á candidatura do casco vello da cidade como Patrimonio da Humanidade e á súa declaración como Cidade Gastronómica, iniciativas coas que “queremos impulsar o crecemento do sector turístico dunha maneira sostible potenciando e poñendo en valor tanto o noso patrimonio material como inmaterial”. “Está sendo moi fácil falar coa Ministra porque é unha persoa moi sensible, coñecedora da problemática do territorio e ten ideas claras de como solucionar os problemas que temos”, indicou Lara Méndez.

Na súa visita ao Vello Cárcere, a Alcaldesa e Reyes Maroto mantiveron un encontro con representantes da Corporación municipal, un acto ao que asistiron tamén o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, entre outras autoridades, que tamén acudiron á xornada que previamente tivo lugar no CEI Nodus co tecido empresarial e emprendedores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com