O mozo lucense estudante de saxofón, Xurxo Morales Varela, asistía esta semana (26 de marzo a 1 de abril) ás xornadas internacionais de saxofón, Andorra Sax Fest’21 que se celebran anualmente en Andorra la Vella, baixo a tutela dalgunhas das máis prestixiosas figuras do saxofón clásico (Claude Delangle, Alain Crepin, Vicent David, Mariano García, Nikita Zimin…). O Terceiro Premio acadado, supuxo un estimulante recoñecemento, ao tratarse da súa primeira participación, resultando ser o único partipante de España premiado en calquera das categorías. Como concursante na sección de ata 17 anos de idade, clasificouse a continuación de Chiara Beatrice Cannavale (Italia, 1° Premio) e Dmitry Pinchuk (Rusia, 2° Premio). Consciente de que isto só supón un bo comezo, agradece a formación inicial que, de xeito lúdico e dende moi pequeno, lle aportou seu pai, tamén músico.
Unha das sensacións máis gratificantes da recepción do premio foi poder contestar ás preguntas dos profesores do xurado sobre o seu centro de procedencia. Pudo nomear con orgullo o Xoan Montes de Lugo a carón dos de Versalles e Moscú, dos que procedían os outros premiados. Síntese en débeda coa dirección do Conservatorio de Lugo, de onde saen excelentes músicos lugueses aos que toma por referentes. Apreza a implicación con que exercen docencia nas Artes Escénicas en tantas Escolas e Conservatorios de toda Galicia persoas como o seu profesor principal, Alberto López. Así acontece co excelente profesorado do CMUS Xoan Montes, do que desexaría citar aos magníficos docentes que lle ensinan neste seu derradeiro curso en Lugo (6o de Grao Profesional), Marcos Mariño, Laura López, Henar Matesanz, Marta Couce, Dolores Carrera, Francisco Piñeiro e Adrián Real. Sen esquecer a grandes saxofonistas que o influencian nos últimos anos en Galicia, como Álex Troya, Adrián Pais e Toño Otero.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.