O Museo Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, da perspectiva de xénero e social ao seu relato museolóxico e museografía co proxecto de conservación, investigación e expositivo “Soterradas. A vida tralos mantelos, da fortaleza do Pazo”.
Distintos espazos e estancias do museo incorporan paneis informativos e fotográficos creando unha narrativa para visibilizar as desigualdades,de xénero e tamén de estamento ou clase, que sufriron as mulleres da servidume que habitaron pazos, fortalezas e outros edificios de poder ao longo da historia e, por extensión, as mulleres que ocupaban os escalofóns máis baixos na xerarquía social.
Esta renovación, que se reflectirá tamén nos recursos e actividades multicanle da Rede Museística Provincial, enlaza e dá continuidade ás iniciativas que se veñen desenvolvendo desde os museos provinciais a
partir de relatos femininos – como Mariñas, marosas e maruxainas ou Recolectoras.Memoria e terra- e tamén co Día Internacional dos Museos, que se celebra o 18 de maio, este ano baixo o lema “O poder dos museos”