O Museo Provincial inaugura a mostra “Rafael Úbeda. Cromatismo expresivo”

O Museo Provincial de Lugo acolleu na tarde de onte a inauguración da mostra “Rafael Úbeda. Cromatismo expresivo”, que trae á cidade amurallada a obra do artista pontevedrés.

Neste acto inaugural, no que participou a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, o propio autor presentou a selección de obras expostas, definindo a mostra como unha “explosión de cor e movemento”,  característica das súas últimas etapas creativas.

O pintor, gravador e muralista, recoñecido internacionalmente dende os anos sesenta tras ser galardoado co Gran Premio de Roma de Paisaxe e sendo elixido para pintar o Gran Mural da Basílica da Anunciación de Nazaret, estivo acompañado polo polifacético artista Siro López.

A inauguración culminou coa actuación musical dos violinistas Hugo Rodríguez e Tania Capón, unha chiscadela á traxectoria do pintor, que estudou este instrumento e participou en conxuntos de  cámara como violín segundo.

A mostra permanecerá exposta ata o 8 de decembro. Parte das obras poderán verse tamén no Museo do Mar de San Cibrao, no Museo Fortaleza de San Paio de Narla e no Museo Pazo de Tor.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com