O Museo Provincial de Lugo inaugura mañá ás 18.00 horas a exposición “Leopoldo Nóvoa. O silencio da pintura”, que permanecerá aberta ata o 4 de febreiro.
“A idea de dar a coñecer o seu traballo desde un relato que explique as referencias básicas para entender a súa traxectoria como artista plástico, é o obxectivo da exposición producida especialmente para as salas do Museo”, anuncian dende a institución.
Leopoldo Nóvoa é sen subida, unha das grandes referencias da arte abstracta tanto dentro como fóra de Galicia na segunda metade do século XX, e por extensión un dos nosos artistas máis internacionais. Nóvoa foi ademais dun creador rigoroso, un home reflexivo e profundo que viviu unha longa e prolífica existencia en lugares e circunstancias moi dispares.
Ao longo da sua vida foi un artista recoñecido, cunha brillante traxectoria que levou a súa obra
ás salas de exposicións e museos de todo o mundo. Sen embargo no seu país natal, onde pasaba
largas tempadas estivais desde as últimas décadas do século pasado, é un artista non moi coñecido entre o gran público.