O músico neoiorquino Willie Nile ofrecerá mañá ás once da noite un concerto no clube Clavicémbalo. Nile regresa a España cun novo disco baixo o brazo, o décimo terceiro da súa carreira, distinto a todo o seu traballo anterior.
Con este concerto, Willie Nile comeza unha longa xira que o levará por varios recunchos de España, onde non faltará nin a emoción nin o espírito que sempre entrega nos seus directos.
“Nativo de Buffalo, foi descuberto no Greenwich Village neoiorquino e apoiado por unha excelente crítica no New York Times, edita o seu primeiro disco en 1980 e embárcase nunha xira con The Who. Poucos meses máis tarde, os Rolling Stones tomaron “prestado” o seu tema She’s So Cold e incluírono no seu disco Emotional Rescue.
As súas cancións combinan a partes iguais poesía, inxenuidade, honestidade e o rock and roll máis clásico. Editou catro discos que recibiron a clásica combinación de excelentes críticas e poucas vendas. Despois de oito anos desenganado das multinacionais, decide crear o seu propio selo e editar o ep Beautiful Wreck Of The World, acompañado dunha banda na que destaca o guitarrista Andy York.
En 2006 edita Streets Of New York, que confirma a reactivación da súa carreira que continúa en 2009 co ep House Of A Thousand Guitars. Editáronse tamén un par de directos, e en 2010 publícase The Innocent Ones“.
(www.rockamericano.com)