A unión temporal de empresas formada por Copasa, Geseco e Setec Building, todas elas alleas a Lugo e a súa provincia serán quen xestionen baixo a denominación de EcoLugo o servizo de limpeza da cidade.
Inicialmente barallábase a posibilidade que unha empresa de Lugo fora a adxudicataria do servizo, pero despois de múltiples recursos foi a UTE EcoLugo a empresa que se encargará de xestionar os residuos urbanos da cidade.
O servizo prestarase, segundo informa o Concello, diariamente con quince operacións de barrido, baldeo e rozas entre outras precisas para a consecución da mellor limpeza posible dos espazos públicos, beirarrúas, calzadas e zonas peonís, incluídas as manchas no pavimento, as follas ou froitos do arboredo, os residuos voluminosos, así como os excrementos de animais e as herbas que proliferan nos bordos, beirarrúas e escaleiras, ademais das pintadas. Realizaranse labores de limpeza intensivas por barrios e atendendo as áreas de alta densidade residencial, industrial, comercial, hostaleira e universitaria, a actividade turística, así como as zonas históricas, escolares, deportivas e de ocio.
En Clérigos ubicarase, a Oficina de Atención ao Cidadá e unha Aula Medioambiental de formación permanente, tanto dos empregados do servicio como da cidadanía.
Esperamos que coa nova entrada de EcoLugo se solucionen problemas endémicos da cidade, como son as defecacións en beirarrúas, parques e xardíns da cidade e se implemente un control para identificar, como xa existe noutras cidades, as deposicións dos animais e poder sancionar aos propietarios que infrinxan a lei.