O delegado do Goberno en Galicia, expresou hoxe a súa satisfacción pola creación de tres novos xulgados en Galicia que entrarán en funcionamento o día 31 de marzo. Javier Losada explicou que os novos xulgados do social en Lugo, A Coruña e Vigo entrarán na data na que a Xunta de Galicia garantiu que tería habilitados locais e dispoñería de persoal para que poidan funcionar. O delegado do Goberno lembrou que a creación dos novos xulgados foi decidida polo Ministerio de Xustiza en 2020, pero non foi posible que entrasen en funcionamento a finais do mes de decembro, como era desexo do Ministerio.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.