O número de infectados por Covid-19 aumentan cada día na área de Lugo

Un día máis hai que lamentar un incremento no número de casos activos por Coronavirus na provincia con 65 novos infectados. Logo dos brotes de Monforte con 95 positivos, o da residencia do Incio con 113 casos e 49 entre os veciños do Incio, máis de 60 nun pub de Lugo, hai que dar conta dun novo que afecta a dúas traballadoras da residencia de Outeiro de Rei, que permanecían en corentena por estar en contactos con persoas infectadas, e que finalmente  deron positivo. Con todo elo e como medida de precaución quedan prohibidas as visitas ás residencias de maiores.

En canto os datos no resto de Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.139 deles 1.351 son da área da Coruña, 547 da de Lugo, 292 da de Ourense, 187 da de Pontevedra, 189 da área de Vigo, 450 da de Santiago, e 123 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 100 en unidades de hospitalización e 3.027 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.292 persoas curadas, rexistrándose 635 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 322.198.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com