O número de vertedoiros incontrolados de 2017 multiplica por seis aos que había en 2015

O Grupo Municipal de Cidadáns denunciou esta mañá o gran aumento do número de vertedoiros ilegais na cidade de Lugo, pasando de 13 no ano 2015, 21 no 2016 ata os 78 no 2017, aumentado así de forma exponencial o número deles.

“Cada ano o número de vertedoiros ilegais aumenta, chegando ao punto de alcanzar cifras vergoñentas, pero desde o Goberno local non aportan ningunha solución para facer ante esta problemática“, afirma a portavoz de Cidadáns, Olga Louzao.

Ademáis, aínda que moitos deste vertedeiros retíranse, estes volven a aparecer ao pouco tempo, como os situados en Muxa, Coeses no Carqueixo e o de Pedreda.

“Si os vertedeiros aparecen sistemáticamente unha vez retirados, a única solución é levar a cabo campañas de concienciación para toda a cidade, e fomentar a súa vez os servizos de recollida de plásticos agrícolas e do Punto Limpo e aportar información sobre seu uso, localización e gratuidade”, considera Louzao.

Un Punto Limpo, que ademáis, sufriu continuos actos vandálicos e roubos. “Moitas veces nestes Puntos Limpos hai residuos perigosos que poden chegar a afectar ao medio ambiente, por iso, desde Cs consideramos esencial que se aumente a seguridade”, remata a portavoz local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com