O operativo de viabilidade invernal da Xunta actuou esta madrugada no Cebreiro e Triacastela

O operativo de viabilidade invernal da Xunta tivo que saír esta madrugada para actuar en catro tramos da rede de estradas en Pedrafita do Cebreiro e Triacastela  que se viron afectadas por mor do xeo e da neve.

As principais dificultades rexistráronse nos altos de San Roque, Poio e O Cebreiro en Pedrafita; e, en Triacastela, no Viduedo. Dende últimas horas da tarde de onte e durante a madrugada, os camións do operativo distribuíron 14 toneladas de sal nestes catro tramos da montaña lucense, nunha extensión aproximada de 26 quilómetros en total.

O Plan de vialidade invernal para a provincia de Lugo, que permanecerá activo ata o vindeiro 30 de abril, integra a 118 profesionais que dispoñen de 58 máquinas, entre as que contan con camións ou esparexedores de sal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com