O Padroado aproba a extinción da TIC para a súa integración na Deputación

O Padroado da TIC da Deputación aprobou hoxe a extinción da Fundación TIC para a súa integración na Deputación, logo do acordo do Pleno da Deputación do 31 de xullo. Ademais acordou solicitar ao Protectorado de Fundacións de Interese Galego da Xunta de Galicia que ratifique e publique no DOG a extinción, pasos imprescindibles para que esta sexa efectiva a 31 de decembro de 2018. O Padroado presidido por Darío Campos Conde tamén aprobou que, unha vez publicada a extinción no DOG, se inicie a operación de liquidación da entidade.

Campos Conde dixo que “o Goberno provincial decidiu iniciar o proceso para integrar a TIC na Deputación dentro da nosa aposta por simplificar as estruturas burocráticas, evitar duplicidades administrativas, reducir gasto público e optimizar recursos materiais e humanos”. Lembrou que estes foron os mesmos criterios aplicados para a extinción do INLUDES e o Pazo de Tor, entidades que tamén dependían da Deputación.

O Presidente da TIC e da Deputación tamén destacou que “queremos manter e potenciar un servizo que consideramos moi útil para os lucenses”. Neste senso, subliñou “o labor da TIC a prol dos Concellos, das asociacións sen ánimo de lucro, da promoción do uso das novas tecnoloxías entre os veciños da provincia e do ensino de calidade a través da Escola de Imaxe e Son”. Ademais de afondar na simplificación da estrutura da administración, Darío Campos dixo que “coa posta en marcha de todo este proceso tamén é vontade do Goberno igualar as condicións laborais dos profesionais da TIC aos do organismo provincial”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com