O pai da psicoanálise chega a Codex

Personaxe fundamental da historia da humanidade e unha das moitas figuras que revolucionaron o pensamento moderno a finais do século XIX, Sigmund Freud foi varias veces retratado no cinema. Figura polémica e poliédrica, se cadra non tivo a atención doutros persoeiros fundamentais do mundo occidental como Xesús Cristo, Xoana de Arco ou Napoleón (segundo os estudosos as personaxes máis veces representadas na historia da sétima arte), mais grandes autores como John Huston ou David Cronenberg legaron a súa figura para a eternidade.
Freud nunca deixou de ser unha autoridade en todo o referente á mente humana, e as súas teorías e reflexións seguen sendo aínda hoxe motivo de estudo. Pero se cadra a súa figura como personaxe histórico pasou a un segundo plano, cando no seu momento foi un home moi recoñecido. En 2012, o escritor Robert Seethaler achegouse á historia dos derradeiros anos de Freud con vendedor de tabaco, que se converteu rapidamente nun bestseller e como ocorre nestes casos, renovou o interese na figura do pai da psicoanálise para moitas xeracións e lectores que a priori non estaban preocupados polos temas habituais de Freud. Así, despois dun lustro de grandes éxitos e de acadar recoñecemento mundial, esta novela foi adaptada ao cinema contando con gran cantidade de
medios e respectando tanto a figura deste filósofo e do mundo que lle tocou vivir. Desta forma, O vendedor de tabaco,  do veterano cineasta Nikolaus Leytner, se converte nun filme con alma de clásico, de retrato académico dunha época convulsa co ascenso do nazismo en Austria a fins dos anos 30. A película combina a historia costumista da vida diaria dun estanco, coas súas anécdotas cotiás; a filosofía e a vida do Sigmund Freud ancián; e o relato histórico dun mundo que estaba a piques de estallar nun dos conflitos máis sanguentos da historia da humanidade.
O filme, ademais do seu interese histórico e cinematográfico, ten o valor de contar coa presenza de Bruno Ganz interpretando a Sigmund Freud. O actor xermano finou en febreiro deste mesmo ano deixando atrás unha vida entregada á actuación, tanto no teatro como no cinema, medio no que deixou papeis para a eternidade como
O amigo americano O ceo sobre Berlín de Wim Wenders ou O afundimento de Olivier Hirschbiegel, onde se poñía na pel de Adolf Hitler. Neste filme, un dos últimos papeis que interpretou da forma a un Freud na fin da súa vida, despois de que outros grandes actores como Montgomery Clift ou Viggo Mortensen puxeran o seu rostro a este gran
home.
O vendedor de tabaco sirve como retrato excepcional da mentalidade de Europa naquel tempo e tamén como homenaxe a un dos mellores actores europeos da historia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com