O Parlamento Galego solicitará a creación dun novo Xulgado do Social

A proposta defendida polo BNG aprobouse despois de aceptar unha emenda do grupo popular a partir da cal o Parlamento de Galicia instará ao Goberno Galego a solicitar diante do Consello Xeral do Poder Xudicial e do propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza a necesidade de que sexa nomeada unha maxistrada ou maxistrado de reforzo para os xulgados do social do partido xudicial de Lugo. Ademais o Parlamento Galego instará ao goberno da Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado á creación dun novo Xulgado do Social para Lugo cando, a criterio da comisión mixta entre o TSXG e a Xunta de Galiza, se considere que se dan as condicións necesarias para a creación deste xulgado.

A partir da aprobación desta iniciativa deberíase dar solución ás persoas que agardan por resolucións xudiciais dende hai meses” dixo Olalla Rodil e engadiu “creemos que as condicións están sobradamente constatadas ante as cifras de asuntos pendentes nos 3 xulgados existentes no partido xudicial de Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com