O Parque Infantil de Tráfico leva a cabo actividades para escolares

Membros do Goberno local visitaron hoxe o Parque Infantil de Tráfico (PIT), onde nenas e nenos de varios centros de ensino de Lugo están a gozar de sesións de circulación segura, dentro do programa de visitas aos colexios que dende o Parque Infantil de Tráfico se organizan anualmente. “Todos os nenos e nenas que acoden ao Parque recibiron anteriormente unha sesión específica sobre seguridade viaria no seu centro de ensino”, indicou o edil de Educación e Difusión do Coñecemento.

“Dende a concellería de Educación realizamos estas actividades, moi solicitadas polos centros de ensino, e con popularidade entre as nenas e nenos da cidade”, indicou o concelleiro, que agradeceu aos centros de ensino e ao persoal do PIT a súa implicación nestas actividades.

A programación destas xornadas, como as dos cursos de verán, están amplamente consolidadas no calendario das familias e dos centros de ensino lucenses. A concellería de Educación organiza estas xornadas “para que os nenos e nenas adquiran condutas e comportamentos seguros, ben sexa como peóns ou como persoas usuarias de transporte público ou privado”, afirmou o concelleiro de Educación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com