O voceiro do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, mantivo esta mañá un encontro con mozos emprendedores da cidade, co obxecto de coñecer as súas inquedanzas, e recoller suxestións para consolidar e facilitar a implantación de novas empresas.
O popular indicou que outra das preocupacións dos mozos empresarios, ten que ver coa transparencia na adxudicación dos contratos públicos, afirmando que o goberno local despreocupouse de elaborar un rexistro informativo municipal de empresas.
Escoitámolo:
Esta tarde o popular manterá unha reunión con veciños da zona da Cheda e o seu contorno, para dar conta do grao de cumprimento por parte do goberno local, dos acordos do Plan de Investimentos que aprobou co PSOE, para impulsar numerosas intervencións en distintos barrios da cidade.
Doutra banda, o Partido Popular de Lugo elixiu ao secretario xeral da formación nesta provincia, Jose Manuel Balseiro, como coordinador de campaña de cara ás eleccións municipais de maio.