A concelleira do Partido Popular, Isabel Devesa, afirmou hoxe, que o informe de morosidade correspondente ao terceiro trimestre de 2015, elaborado polo Departamento de Tesoureira, alerta do “empeoramento económico municipal nos últimos meses”. O documento sinala “que empeorou o período de pago das facturas, debido a un retraso na tramitación das mesmas”. Neste senso, Devesa revela que “este terceiro trimestre o prazo situouse en 53,44 días, ao borde do límite que fixa a lei (60 días)” e recordou que “no trimestre anterior, este período foi de 76,34 días”
A popular sinalou que “ao final do terceiro trimestre de 2015, o Concello de Lugo tiña facturas pendentes de pago por máis de oito millóns de euros, das que polo menos tres millóns de euros, aboaranse fora do período legal”. A edil destacou que “a maioría dos pagos pendentes correspóndense con traballos e servizos efectuados, en moitas ocasións, por provedores locais, de modo que os prexudicados desta demora son, en moitos casos, provedores lucenses”.
Devesa acusou aos socialistas de “non preocuparse por mellorar os índices de pago nin por tomar medidas na reorganización de servizos que garantan un prazo de pago axustado”.