O pavillón Daniel Cordido estrea vestiarios e o campo de fútbol das Gándaras, melloras

O voceiro municipal e edil de Deportes, Miguel Fernández, informou esta mañá que, a través do Plan Mellora Lugo que ten en marcha o Goberno local, co dobre obxectivo de favorecer a inserción laboral e mellorar os espazos e instalacións públicos, acometéronse xa diversos traballos nas dependencias deportivas municipais.

Así, nos vestiarios do pavillón Daniel Cordido cambiáronse os azulexos por chapa de aluminio e colocáronse cantos de protección, pintáronse as paredes e seláronse as zonas azulexadas. Ademais, no campo de fútbol das Gándaras arranxáronse as duchas, bancos, rexas e fiestras dos vestiarios.

Unha vez concluídos estes traballos, a través do Plan Mellora o Goberno procederá á revisión e cambio no seu caso dos asentos de todas as instalacións deportivas. Así mesmo, segundo explicou Fernández, “solicitóuselles aos clubes que nos envíen unha relación coas necesidades
de mantemento que perciben”.

“Trátase de actuacións de pequena entidade, pero de importante repercusión social porque melloran a seguridade e calidade das instalacións que están a disposición de todos os veciños e veciñas”, subliñou o voceiro.

O Goberno inviste 380.000€ no Plan Mellora, que conta con catro liñas de actuación: mantemento de espazos verdes públicos, da rede viaria municipal, de construcións rurais singulares e patrimoniais, e de instalacións deportivas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com