O Concelleiro de Deportes e Medio Rural en funcións, Miguel Fernández, presentou este martes, na Sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, o XXXVI Campionato de Galicia escolar de Kung Fu, acompañada polo Xefe do Servizo Provincial de Deportes, Manuel Otero, e do organizador do evento, José Manuel Gómez. Esta cita chega a Lugo este sábado, 8 de xuño, logo de 4 anos, organizada pola Federación Galega de Kung Fu, adherida á campaña autonómica pola igualdade e contra a violencia de xénero, coa colaboración do Concello.
Neste evento deportivo competirán máis de 490 deportistas de diversas idades e ambos os dous sexos, procedentes de toda Galicia, no Pavillón Municipal, dende as 17:00 horas. A entrada é de balde.
Haberá distintas categorías en función da idade dos nenos e nenas participantes, benxamín, alevín e infantil. Os equipos estarán formados por 3, 4, 5 ou 6 deportistas, que poden ser do mesmo cinto, ou ter cintos consecutivos. Haberá premios aos tres primeiros clasificados e clasificadas en cada categoría, ademais dos premios Concello de Lugo, ao Campión Absoluto e ao Campión de Lugo.