O Pazo de San Marcos acolle aos artistas da 5ª edición do Estudio Aberto

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, recibiu este venres na sala de exposicións do Pazo de San Marcos aos 14 artistas participantes na 5ª edición do Estudio Aberto procedentes de todo o mundo. Na recepción dos artistas tamén participaron as coordinadoras do proxecto, Encarna Lago e Paula Cabaleiro.

Durante unha semana cada un dos artistas compartirá as súas obras, tanto no Pazo de San Marcos como no Pazo de Tor, cos visitantes que poderán preguntar aos artistas calquera dubida relacionada coas súas obras. Con esta recepción arrancan os actos programados para conmemorar o X Aniversario da Rede Museística Provincial de Lugo.

García Porto sinalou que “a Deputación amplía o seu compromiso coa creación artística e coa artesanía contemporáneas, ofrecendo espazos expositivos a artistas de diferentes disciplinas – pintura, escultura, debuxo, instalación, fotografía, videocreación-, ademais de artesáns e deseñadores -xoiería, alfarería, moda, cerámica, madeira, forxa”.

Nesta 5ª convocatoria os creadores volverán a inspirarse nunha experiencia individual en contacto cos diferentes museos e as súas coleccións, para despois desenvolver un proxecto artístico persoal. Conceptos como museo, espazo, historia, contexto, colección e persoas, entrarán novamente en xogo xunto as accións de crear, compartir e participar, facendo son un Son total de 8 proxectos inéditos que estarán na sala de exposicións do Pazo de San Marcos e outros 6, no Museo Pazo de Tor. Ademais, os artistas recibirán a visita de profesionais do sector (críticos, comisarios, xornalistas, museólogos, galeristas, artistas) que darán unha pequena charla e compartirán consellos, opinións e análises acerca dos proxectos en pleno proceso de creación.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com