O Deputado de Relacións Institucionais da Deputación de Lugo Álavaro Santos, presentou hoxe no Pazo de San Marcos o libro “Galiza, un país de primeira”, escrito por Adela Leiro e Mon Daporta. Xunto con Santos estiveron Adela Leiro e Mercedes Álvarez Presidenta de GaliciAME.
Os beneficios recadados pola venda da obra serán a favor de GaliciAME, asociación de apoio aos afectados por atrofia muscular.
GaliciAME é unha asociación sen ánimo de lucro que nace en Cambados a principio de 2015 fundada por Mercedes Álvarez Fernández tras diagnosticarlle Atrofia Muscular de tipo 4.
GaliciAME nace para apoiar a todos e cada un dos afectados por Atrofia Muscular (AME) en Galicia.
GaliciAME tamén ofrece apoio e asesoramento a outros enfermos doutras counidades . Ademais tamén apoia e orienta tanto a afectados como a familiares ofrecendo a máxima información posible sobre a Atrofia Muscular Espinal,