No Pleno celebrado hoxe, entre os asuntos tratados acordouse que a policía local dispoña dun local no centro da cidade para dar mellor servizo á cidadanía, aínda que a proposta de levala ao vello cárcere non foi ben acollida por algúns grupos políticos. Tamén se aprobou unha modificación orzamentaria debido a redución da débeda. Sobre esta cuestión, a oposición considerou, no caso de ACE e BNG que ese superhabit era por falta de investimento e proxectos, mentres que Lugonovo e Cidadáns, solicitaron que se invista en desenvolvemento e acción social.
Asemade o PP conseguiu aprazar e deixar sobre a mesa a proposta do goberno sobre as ordenanzas fiscais, por, segundo o voceiro dos populares, Jaime Castiñeira, a “imposibilidade material” de estudar “o documento definitivo”, que foi entregado aos grupos políticos “no medio do pleno, ás tres da tarde”.
O voceiro popular indicou tamén que ve “positivo para Lugo e para os lucenses” que fosen aprobadas as catro propostas que o Grupo Municipal Popular trasladou ao pleno (a ampliación de usos da biblioteca da Piringalla, cubrir a piscina exterior de Frigsa, a elaboración dun código de boas prácticas para a web institucional, co gallo de evitar o uso partidista que fai o goberno dela, e mellorar as dotacións técnicas e os espazos de atención da Policía Local)., concluíu.