O Pleno da Deputación acorda dotar os concellos de desfibriladores

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou esta mañá cos votos a favor do Partido Popular e do deputado non adscrito, Manuel Martínez, unha moción para dotar de desfibriladores os Concellos da provincia. Os deputados do Partido Socialista decidiron votar en contra desta proposta, logo de que os populares rexeitasen incluír as súas emendas nas que solicitaban que, ademais, se instase á Xunta a instalar un servizo de hemodinámica 24 horas no Hospital Lucus Augusti.

Pese ao voto en contra, o Goberno Provincial adiantou que a Deputación dotará aos Concellos de desfibriladores “con ou sen colaboración da Xunta”.

Entre as emendas socialistas rexeitadas polos populares figuraba unha proposta pola cal a Xunta poría en marcha de xeito inmediato o servizo de Hemodinámica e o propio Goberno galego e  a Deputación financiarían ao 50% a instalación de dous desfibriladores nos Concellos, un nos consistorios e outro en instalacións municipais como pavillóns deportivos.

Os populares opuxéronse a esta proposta amparándose en que “hemodinámica as 24 horas non é unha necesidade na provincia, tal e como apuntan os propios profesionais”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com