O Pleno da Deputación paraliza a concesión da xestión e explotación do centro de recría Gayoso Castro

O Goberno Provincial aceptou hoxe a proposta do Grupo Popular para paralizar temporalmente a adxudicación da xestión e explotación do Centro de Recría Gayoso Castro que está a pór en marcha o ente provincial. 

O Grupo Provincial do PP pediu ao Partido Socialista que deixase sobre a mesa a proposta de adxudicación da concesión da xestión e explotación do centro de recría Gayoso Castro,  mentres non se resolva o recurso interposto por unha das empresas que participou no proceso de contratación, en cuxa reclamación denuncia incumprimentos nas prescricións técnicas.

O deputado do Grupo Popular, José Ulla, considera que “é necesario” agardar á resolución do Tribunal de Recursos Contractuais. “Debese resolver primeiro o recurso para que haxa un respaldo xurídico antes da adxudicación deste proceso”, asegura, ao tempo que matiza que “dende o noso grupo non queremos comprometer xurídicamente a esta administración nin ser cómplices dos custos económicos que poderían implicar á institución dependendo da resolución do Tribunal”.

O deputado de Relacións Institucionais, Alvaro Santos Ramos, debatiu esta decisión, alegando que hai informes que indican quee este trámite non é recurrible, e asegurou que “non aprobar hoxe esa adxudicación supón un novo retraso” ao inicio de actividade deste centro de recría.

Santos Ramos aceptou este paro temporal á espera de que se resolva o recurso, pero non sen cuestionarse a intención do PP ao querer, a toda costa, paralizar este proceso e dixo que se veía “craro” que o Grupo Popular buscaba que o centro de recría tivera tamén “vacas de carne e non só de leite”.

Noutra orde, o Pleno aprobou sen debate, a proposta de cambio de titularidade das estradas provinciais 1905 e 1905 a favor do Concello da Fonsagrada e o camboi tamén de titularidade dun tramo de estrada do mesmo Concello a favor da Deputación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com