O pleno de investidura de Miguel Fernández será o vindeiro 11 de marzo

Miguel Fernández tomará posesión do seu posto como Alcalde do Concello de Lugo o vinderio martes 11 de marzo no Pleno Municipal de Investidura. Así o anunciou hoxe o Alcalde en Funcións do Concello, Rubén Arroxo.

De cara ao novo período que comezará o martes, Arroxo destacou como prioridade principal “a aprobación definitiva dos orzamentos municipais, a ferramenta que nos permite garantir que o Concello siga funcionando ao longo do ano”. Arroxo destacou as prioridades do goberno, “proxectos que estaban xa na parrilla de saída e que coa volta á normalidade retomaremos ata completalos”. Algúns destes proxectos son a ordenanza de Terrazas, “a primeira normativa en Lugo que regulará estas instalacións, que está prácticamente pechada” e a organización do tráfico do casco histórico, unha vez se aproxima o final das obras, “o que fai necesario pechar os itinerarios de circulación definitivos”.

Sobre a organización da Tenencia de Alcaldía, xestionada polas 5 concelleiras e concelleiros do BNG, Arroxo confirmou que se manterán as mesmas responsabilidades que ata agora, con Rubén Arroxo a cargo da área de Mobilidade e Infraestruturas, Maite Ferreiro en Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Alexandre Penas como concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Cristina López a cargo da área de Participación e Servizos á Veciñanza e Iria Buide á fronte da Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com