O Pleno do Concello de Lugo rexeita a proposta do Goberno local para renunciar a pedir o crédito previsto nos Orzamentos municipais

O Pleno do Concello de Lugo rexeitou na tarde de onte a proposta do Goberno local de renunciar a pedir o crédito previsto nos Orzamentos municipais porque o superávit co que se pecharon as contas municipais de 2014 permite financiar os investimentos previstos con parte deses aforros.

A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, explicou no Pleno municipal que a renuncia a contraer o préstamo de 2,8 millóns de euros previsto no Orzamento municipal suporía seguir diminuindo a débeda do Concello de Lugo.

O Partido Popular, que votou en contra da iniciativa, impide deste xeito que o Concello de Lugo dedique a investimentos parte do superávit de 2014, que foi de 10,7 millóns de euros. A proposta do Goberno local tivo o voto favorable do PSOE e o BNG abstívose.

Doutra banda, a Corporación municipal aprobou o modelo de xestión directa do ciclo da auga, unha vez que a nova lexislación estatal impide a creación da proxectada Empresa mixta con maioría de capital do Concello. Esta decisión tomouse co apoio do PSOE e o BNG e a abstención do PP.

Tamén se acordou por unanimidade levar a cabo a proposta dos populares que pedían que Concello e Deputación levaran a cabo o mantemento da contorna dos paseos do río Miño e Rato.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com