O Pleno Local aproba as modificacións de crédito presentadas polo goberno socialista

A Corporación municipal de Lugo, no Pleno ordinario desta mañá, aprobou os tres expedientes de modificación de crédito presentados polo PSdeG, e coa abstención do PP, Lugonovo e Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esqueda Unida, e o voto en contra de Cidadáns.

Ana Prieto, concelleira de economía comezou mostrando que as modificacións de crédito inclúen investimentos imprescindibles para o Concello e para a cidade de Lugo. A peonalización e cuberta de Quiroga Ballesteros, a peonalización da Praza da Milagrosa, a eliminación do tapón urbanístico da Avenida da Coruña ou o acondicionamento de aparcamentos disuasorios e do parking no entorno do HULA son algunas das obras que se levarán a cabo coa modificación de crédito.

A resposta de Lugonovo, ACE-EU e Cidadáns ante as explicacións da concelleira, coincidiu en que as formas de presentar as modificacións de crédito non foron as correctas e que hai propostas que necesitan maior investimento, como é o caso da regulación do tráfico escolar ou  dos comedores escolares.

Neste senso, Olga Louzao, portavoz de cidadáns, reivindicou os motivos do seu voto en contra ante este plan de modificacións, criticando a falta de respeto, de diálogo e de responsabilidade do goberno municipal.

Por outra banda, Antonio Ameijide, portavoz do PP, denunciou a incapacidade da alcaldesa de negociar uns investimentos co resto da corporación, demostrando que reduciu a metade as inversións para os lucenses nun ano. O portavoz insistiu reiteradamente en que este plan deixa de lado ao rural e barrios da cidade.

Ante esta situación Carlos Portomeñe, portavoz de ACE-EU, reivindicou en nome do seu partido que solicitará a celebración dun Pleno extraordinario no que se presente e debata unha Moción de Reprobación da alcaldesa Lara Méndez por presentar as modificacións orzamentarias sen respectar os procedementos democráticos mínimos recollidos tanto na lexislación de réxime local como no Regulamento Orgánico do Concello de Lugo.

O BNG-AA tamén deixou unha reacción destacada ante esta situación de enfrentamentos dos diferentes partidos contra as modificacións de crédito que presenta o gobernó. Os ediles do BNG-AA abandonaron o pleno cando chegou o seu turno para debatir sobre a proposta. Rubén Arroxo definiu a proposta de hoxe como “uns orzamentos en diferido” e sinalou que o goberno socialista en minoría non tivo vontade de chegar a acordos cos grupos pero si de negocialos co PP. Arroxo explicou que o BNG-AA no ía ser complice deste cazoleo entre PP e PSOE e isto motivou o abandono dos ediles do BNG-AA durante o debate e votación deste punto.

Finalmente a Alcaldesa, Lara Méndez, quixo deixar constancia de que todos os partidos estaban confundindo termos, xa que o goberno non vai a presentar orzamentos, senon que vai a modificar o crédito para seguir taballando no que queda de ano. “Non é un orzamento, nin un plan de investimentos”, senón modificacións de crédito necesarias para executar obras, cofinanciar proxectos europeos, e contribuír ao funcionamento do amplo tecido asociativo do municipio.

“O Goberno está na liña de buscar proposicións que sexan boas para a cidade. A mellor proposición era a aprobación do Orzamento, pero como non foi posible porque non chegamos a consenso, xa dixemos dende o primeiro momento, dende que decidimos prorrogar as contas do 2016, que iamos elevar modificacións de crédito ao Pleno para poder seguir investindo na cidade, levando a cabo propostas que teñen un amplísimo consenso social e que en moitos casos xa foron aprobadas en Pleno, polo que xa están debatidas, dialogadas e consensuadas”, concluiu Lara.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com